Representantes de diferentes entidades achegáronse á sede de Amencer para pesarse e transformar o seu peso en material ou diñeiro destinado á campaña.

Arrinca a 30ª Operación Quilo de Amencer

A Asociación Xuvenil Amencer presentou a 30ª edición da Operación Quilo, de recollida de alimentos, xoguetes e roupa para entregar ás familias máis necesitadas de Ourense no tempo de Nadal, que nesta ocasión se denomina «30 anos Quilaborando.

Co obxectivo de involucrar no seu desenvolvemento a todo tipo de entidades, empresas e organismos públicos da cidade, este martes celebrou unha acción que baixo o título «Quilos x alimentos» consistiu en que representantes de diferentes entidades se achegaron á sede de Amencer para pesarse e transformar o seu peso en material ou diñeiro destinado á campaña.

Entre os participantes estivo Jesús Vázquez, alcalde da cidade, Silvia Dorado, secretaria territorial da Xunta en Ourense, Manuel  Doval, deputado provincial, Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, Alejandro Rubín, xerente de Expourense, Marcos Vila, director do centro comercial Pontevella, Francisco José Prieto, representante do Bispado, Patricia Prieto, responsable de voluntariado de Cáritas, Gonzalo García de Vitoria, adestrador do COB, Omar e Modesto García, representantes da UDO, Isidro Lozano, director da Obra Salesiana en Ourense, e Xulio Iglesias e Manuel Seguín, xerente  e coordinador de Amencer, respectivamente.

Durante este acto simbólico, os responsables desta Operación Quilo, cuxa recadación se xestionará a través de Cáritas, convidaron a todas as persoas que poidan a participar nela a través das diferentes vías habilitadas para facelo.