No Rosal e Marín, na Copa de Galicia de ciclocross.

Vitorias do Club Ciclista Maceda

Outra fin de semana con bos resultados para o Academia Postal Actyon MMR de Maceda.

Nesta ocasión a dobre cita da Copa Galicia de ciclocros, coa disputa das probas do Rosal e Marín, o sábado 19 e o domingo 20, respectivamente.

Dos rapaces, Carlos Canal acadou a vitoria nas dúas citas (O Rosal e Marín) na categoría cadete. Isto fai que o ourensán afiance o seu liderato na categoría.

Entre as rapazas repartíronse as vitorias. Así, o sábado gañaba Noela Saa e Antía Martínez era terceira, e o domingo a vitoria foi para Antía e Noela remataba segunda. En mulleres, categoría sub 23, Xiana Conde lograba o terceiro posto no Rosal.

Tras estas dúas probas Antía Martínez sitúase ao fronte da clasificación do Open.

Iván Feijoo
En canto á participacion de Iván Feijoo na Copa do Mundo de Ciclocrós en Koksijde, dicir, que esta foi suspendida. Cando apenas restaban 15 minutos para a saída, a organización optou suspendela polo tremendo temporal de aire que azoutaba a costa belga. Así pois, Iván regresa para casa sen poder correr.