O Club Ourense Baloncesto venceu na pista do Huesca por 82 a 91.

O COB suma a sétima na prórroga

Os tempos extras dánselles ben aos homes de Gonzalo García de Vitoria. Dous no que va de LEB Ouro e dúas vitorias. Ademais con gran anotación cando hai que xogar cinco minutos de engadido.

Contra Palma sumaron 24 puntos e contra Huesca foron 20, sen deixar opcións ao adversario de levarse o triunfo.

No partido ante Huesca, o equilibrio no marcador foi a nota dominante (empate a 16 nos primeiros 10 minutos e empate a 34 ao descanso).

Tralo paso por vestiario o equipo ourensán destapouse e logrou ao finalizar o terceiro período unha renda de catro puntos (48 a 52).

A vitoria estaba no peto cando a falta de 2:30 os de García de Vitoria dominaban por oito (60-68). Porén unhas incomprensibles perdas de balón sumadas a varias accións desacertadas fixeron que o partido tiverase que resolver na prórroga.

Aí o COB estivo máis acertado e superou ao equipo local con máis do dobre de anotación neste tempo extra. Un 9 a 20 para deixar o resultado no 81 a 92 definitivo.

O COB suma a sétima vitoria da tempada e sitúase entre os primeiros clasificados. Este martes recibe ao colista, Rioja, que vén de gañar esta xornada diante do Barça B por 80 a 71.