O inicio oficial da iluminación artística será ás 20:00 horas.

O alumeado de Nadal acenderase o martes 29 de novembro

O acendido do alumeado de Nadal da cidade de Ourense deste ano será o martes 29 de novembro. Este inicio oficial da iluminación artística contratada polo Concello de Ourense será ás 20:00 horas na Praza Maior.

A continuación, o coro «V-go! Negro Son» amenizará a tarde con éxitos da música gospel, tamén desde a Praza Maior. O concerto é gratuito e pensado para a disfrute de toda a familia.

A instalación, mantemendo e desmontaxe do alumeado de Nadal deste ano foi adxudicado a Creaciones Luminosas S.L. por un importe de 82.764 euros.