O sénior masculino logrou a vitoria mentres que o feminino caeu derrotado.

Cara e cruz para o Nova Xestión Pabellón

O equipo masculino do Nova Xestión Pabellón de Primeira autonómica de balonman logrou a vitoria pola mínima no campo do Poio.

O resultado foi de 24 a 25 nesta sétima xornada. O Pabellón comezou moi forte cun parcial de 0-4 nos cinco primeiro minutos. Unha serie de erros fixo que se chegara ao descanso con 11 a 12 no marcador.

Nos primeiros minutos do segundo acto, os de Diego Lorenzo non souperon ler o partido e estiveron catro goles por debaixo (22-18). Ata que axustaron a defensa con Brais no avanzado logrando darlle a volta á situación.

O final do encontro marcaba un empate a 24 e con golpe franco a favor dos pavillonistas. Sería Xurxo Carreño, o especialista neste tipo de accións, o que convertería en gol o seu tiro e con elo traería os tres puntos cara Ourense.

Os ourensáns son cuartos con 8 puntos. A Liga para esta fin de semana e regresa o día 11 co partido na casa contra o Centro Médico Cesantes.

Pola súa banda, o equipo feimino de Segunda autonómica perdeu, contra prognóstico, na cancha do Lucus Apetéceme; o resultado foi de 18 a 17.

As pupilas de Zarra non estiveron en ningún momento en partido e, soamente nos últimos cinco minutos apretaron para levarse o encontro. A reacción chegou tarde e non foi suficiente para levarse os tres puntos na visita contra o penúltimo da táboa.

As ourensás, que son quintas, reciben esta fin de semana ao líder, Moaña (sábado, 18:30 h anexo dos Remedios).