Os ourensáns venceron con contundencia ao conxunto guipuzcoano.

O Campus pode co Eibar

O partido de División de Honra B de rugbi entre o Campus Ourense e o Eibar saldouse coa contundente vitorias dos primeiros por 52 a 14.

Os homes de David Monreal están a demostrar a súa fortaleza cando xogan como locais. Nesta novena xornada nova vitorias no campo das Lagoas.

O recén incorporado, Andy, tivo moito que ver na vitoria. Na súa labor de medio melé contribuiu para que se lograran oito ensaios (cinco na primeira metade e tres na segunda).

O susto do día o deu Pam. O centro tivo que ser atendido e trasladado a un centro de saúde. Unha escordura cervical foi a lesión do xogador. A contundencia do resultado reforza ao equipo de cara a próximas citas. O Campus Ourense Rugbi é oitavo con 21 puntos.

Vindeira cita
A próxima fin de semana o equipo desprázase a terras vizcaínas para enfrontarse ao Uribealdea RT, actualmente, terceiro na clasificación.

Resto de equipos
O equipo sub 16 xogou en Pontevedra ante o PRC. O conxunto ourensán caeu por 62 a 26.
O filial da Liga autonómico de Segunda división perdeu contra o Zalaeta por 56 a 0.