Reamtaron na décimo quinta posición.

O Sincro Ourense, o mellor galego no Campionato de España

A pasada fin de semana celebrouse no Centro de Natacion M-86 de Madrid, o XIV campionato de España de figuras infantil-júnior no que participaron 258 nadadoras pertencentes a 26 clubs de toda España.

O Sincro Ourense acudiu á cita con 8 nadadoras infantís: Ana Moyano, Candea Rguez, Claudia Bande, Iria Guevara, Lola Carracedo, Lucía Villar, Rebeca Ruiz, e Asperxo Branco que viaxaron acompañadas por as técnicas Elvira Lopez e Beatriz Montes.

As ourensás foron as galegas mellor situadas na clasificación individual e por clubs. Finalizaron no posto 15 da clasificación por clubs e a nivel individual a primeira clasificada foi Candea Rodriguez que acabou no posto 63 da clasificación absoluta seguida por Lola Carracedo no posto 78. Na clasificación por grupos de idade entre as nadas en 2003 Ana Moyano ocupou o posto 37 e Rocío Blanco o 61.

A vencedora da competición foi a nadadora do Sincro Retiro Irene Jimemo e por clubs o primeiro posto foi para o Sincro Retiro de Madrid.

Estes bos resultados veñen corroborar os obtidos polo club ourensán na 1ª xornada de figuras da liga Galega celebrada en Vigo o día 19 de Novembro e onde as infantís do sincro Ourense dominaron claramente na súa categoría, ao ocupar os postos primeiro, segundo, terceiro, sexto, sétimo e noveno das 65 participantes.