A Unión Deportiva Ourense logrou a vitoria por 2-0 ante o Cortegada que xogou case unha hora con dous xogadores menos.

UD Ourense - Cortegada. /C.DOMARCO.

UD Ourense - Cortegada. /RAMSÉS.

UD Ourense - Cortegada. /C.DOMARCO.

UD Ourense - Cortegada. /galiciadeportiva.

UD Ourense - Cortegada. /RAMSÉS.

UD Ourense - Cortegada. /RAMSÉS.

O último partido do ano no Couto deparou unha vitoria sen brillo nun partido que deixou de ser tal á media hora do mesmo.

Antes, a Unión tivo as súa ocasións, pero algunha, por falta de puntería e outras, polo acerto do porteiro visitante fixo que o marcador non se movera.

Logo chegaría o minuto no que todo cambiaría. Unha entrada de Senén -reclamada polos visitantes como falta- saldouse con fóra de banda. Os xogadores do Cortegada aremolináronse arredor do árbitro sufrindo este empurróns e xeonllazo.

O colexiado expulsou a dous xogadores, pero un deles non quixo saír do terreo de xogo. O encontro estivo detido durante 10 minutos ata que finalmente o expulsado colleu o camiño de vestiarios.

A partir dese momento os unionistas foron a polo partido. Sobre todo na segunda metade cando foi un asedio contra a portaría rival.

Sergio inauguraba o marcado cun gol de cabeza e Xaco remataba de vaselina o dous a cero. A UD Ourense tivo máis ocasións que non se materializaron.

O Cortegada, a pesar de ter dous xogadores menos no terreo, tamén dispuxo das súas. Dous faltas lonxanas e un par de contras meteron o susto no corpo aos afeccionados locais cando o marcador reflectía 1-0. Ao final tres puntos que manteñen a pugna co Bande, que volveu a vencer nesta ocasión diante do Xunqueira (0-2).

A clasificación, na Primeira Galicia, lideraa o Bande con 41 puntos seguido da UD Ourense, con 40. Na terceira posición atópase o Velle con 30.

Adrián
Antes do partido, o dianteiro Adrián recibiu o trofeo como mellor xogador do mes de outubro. O trofeo o cede a web galiciadeportiva.com.