Nesta ocasión fronte o Terras do Eume.

O Auriense masculino suma unha nova vitoria

O Auriense masculino volve á senda das vitorias tralo partido disputado a pasada xornada nas Somozas, contra o Terras do Eume.

O partido estivo igualado nos primeiros minutos de xogo, aínda que rapidamente púxose de cara para o equipo ourensán. O gran acerto cara a portaría e paus, e a superioridade no manexo do balón na segunda liña fixo que a vitoria se decantara cara o lado dos visitantes.

Ao final 8 (02-02) a 36 (9-9) o que confirma que o Auriense busca competir cos equipos da parte de arriba da táboa, pese a ser o segundo ano que compite nesta Liga Galega.

Vigo
A vindeira fin de semana  o Auriense xogará o seu partido en Vigo contra o Keltoi. Prevese un encontro moi igualado e con posibilidades para ambos equipos.

Selección galega
No mes de marzo, a selección galega recibe á selección francesa no campo Novo da Estrada. Na primeira convocatoria, preselección, o Auriense contará cun representante. O capitán do equipo, Lois González, é o xogador preseleccionado.