No último partido do ano farase recollida de alimentos.

O Campus Ourense Rugby coa Operación Quilo

O Campus Ourense Rugby non é alleo ao movemento ca Asociación Xuvenil Amencer organiza cada ano por estas datas: Operación Quilo.

Por iso para o último partido do ano, desde o club, piden aos seus afeccionados que acudan ao partido contra o Vigo con alimentos non perecedoiros.

O encontro terá lugar este sábado 17 de decembro no campus universitario, a partir das catro da tarde.

Mínimo un quilo
Tanto o Campus Rugby como a mesma asociación xuvenil piden que cada persoa que acuda ao encontro o faga con alomenos un quilo de comida.

Vigo
O rival dos ourensáns é o Vigo. Con este partido iniciase a segunda volta do campionato da División de Honra B. 27 a 17 foi o resultado dese encontro que supuxo o debut dos ourensáns na categoría tralo ascenso do ano pasado.

O Kaleido Universidade de Vigo está empatado a puntos cos ourensáns, 26, pero un posto por enriba.

David Monreal, adestrador do conxunto ourensán, a pesar das baixas, quere lograr a vitoria que se lle negou ao equipo na primeira xornada cando a piques estivo de acadala.