Na Copa Deputación de fútbol.

Xa se coñecen os emparellamentos de cuartos

Xa se coñecen os emparellamentos de cuartos de final da Copa Deputación de fútbol. Celebrado o sorte o martes 13 de decembro deixou unhas eliminatorias moi abertas para coñecer aos semifinalistas.

Emparellamentos:
Ourense C.F. – Velle
Allariz – Antela
Ribeiro – Verín
UD Ourense – Bande

Sen dúbida algunha o enfontamento máis atractivo é o UD Ourense – Bande. Os dous equipos son os dominadores da Primeira Galicia e reeditarán os partidos de Liga na Copa. O Bande marcha primeiro e o Ourense segundo a un punto.

No Ourense C.F. – Velle, o favorito é o primeiro xa que está unha categoría por enriba. O Ourense C.F. é o cuarto clasificado da Preferente e o Velle ocupa a terceira posición en Primeira.

Tanto Allariz como Antela están na Primeira e mentres os alaricanos son sétimos, os limiaos son undécimos.

E na última eliminatoria o Ribeiro enfróntase ao Verín. Os de Verín son de categoría superior por eso parte como favoritos; son décimo oitavos na Preferente. Pola súa banda, o Ribeiro é cuarto en Primeira.

Ida e volta
Os partidos de ida disputaranse o 6 de xaneiro; a volta quedará para o 13 de abril.