O partido contra os catalanes disputarase este martes a partir das 21 horas.

O COB pecha o ano no Pazo diante de Lleida

O Club Ourense Baloncesto remata os partidos na casa neste 2016 co enfrontamento contra Lleida. Será o penúltimo partido do ano e da primeira volta.

Enfronte estará un conxunto catalán que liderou varias xornadas a LEB Ouro. A dous xornadas para que remate a primeira volta está a unha vitoria dos líderes e cunha máis cos ourensáns (10 por nove do COB).

Pouca preparación para este partido; Lleida, pola súa banda, non xogou esta semana xa que o seu partido diante do Barça B o adaintaran. O martes saberase si nesta ocasión foi mellor competir catro días antes, como fixo o COB, ou se o descanso beneficiou aos ilercenses.

Sen unha plantilla de renome, o técnico Borja Comenge fixo un equipo moi competitivo. Ademais tivo que resarcirse da marcha do seu base Luka Rupnik (fichado por Fuenlabrada), e o fixo contratando ao de Araberri, Epameinondas Papantoniou. O Pazo xa sufriu ao grego cando dirixiu ao equipo vasco na vitoria no Paco Paz.

García de Vitoria quere pechar o ano cunha vitoria na casa. A mesma suporía que o equipo continúa enganchado aos equipos de cabeza; unha derrota, pola contra, podería supoñer unha desvantaxe de tres vitorias sobre os líderes da clasificación.

Máxima esixencia
Gonzalo García de Vitoria pediralle unha gran concentración durante todo o encontro para poderse levar a vitoria. Lleida será un equipo que «ten moitas virtudes» logrando «moitas vantaxes» en situacións.