Nas categorías benxamín e alevín celebrada, a segunda xornada, en Monforte.

Destacada actuación pavillonista na Liga Galega de natación

O pasado sábado tivo lugar en Monforte a segunda xornada da Liga galega das categorías benxamín e alevín. Ata alí, o CNPO desprazou case a una centena de nadadores e nadadoras.

Os resultados foron moi meritorios en ámbalas categorías acadando varios primeiros postos nas diferentes probas disputadas. Entre os benxamíns sobresaíron Breogán Janeiro coa victoria en 100 costas e segundo en 50 mariposa ou Hugo Estévez en 50 costas coa prata, mentres que en feminino as mais destacadas foron Sunai Martínez en 50 costas.

Na categoría alevín ademais de varias victorias destacan as mínimas autonómicas para moitos deles como Aldara Estévez en ambas participación, Natalia Cid en 200 costas ou Alexandre Álvarez na mesma proba. Por outra banda, Eva Feijoo ademais de mínima galega nas dúas probas disputadas, rozou a clasificación para o campeonato de España e estableceu dous novos récords provinciais de doce anos.

Esa mesma mañá, os máis pequenos do clube disputaron a súa correspondente xornada da liga Promesa, onde demostraron os progresos acadados no estilo de nado costas.

Para toda a base do CNPO rematan o ano con boas sensacións polo traballo ben feito e pese ás vacacións escolares, continuarán os adestramentos coa mente posta nos próximos obxectivos.