Fai que os ourensán se afiancen na cabeza da Liga.

O Auriense gaña en Vigo

Na tarde do domingo, o Auriense F.G. masculino conseguía contra o Keltoi de Vigo, unha importante victoria que o consolida nas posicións de cabeza, empatado co Dorna da Illa de Arousa.

Nun partido igualado no Campo de Samil, -Keltoi Vigo 2-06(12) / 3-07 (16) Auriense F.G.- no que o conxunto visitante saiu centrado dende o comezo, acumulando rentas de ata 6 puntos.

Os locais conseguiron pechar ao Auriense no segundo parcial, pero unha contra a falta de 5 minutos que rematou en gol e, un tiro a paos na última xogada, sentenciaron aos vigueses.

Ista vitoria da pulo ao equipo ourensán, que acabará o ano 2016 nunha posición privilexiada, e na mente os dous vindeiros partidos, contra o primeiro (Dorna) e terceiro (Mecos) respectivamente.