Publicado o último Ourense por Barrios do ano

O tema destacado deste mes é  a actualidade referente á chegada da alta velocidade á nosa cidade, coa ratificación da construción da variante exterior  por parte de Fomento e a próxima convocatoria da comisión de seguimento do AVE por parte do alcalde como titulares.

Neste número informamos, entre outros temas, da recentemente estreada iluminación da ponte Romana, das preocupación veciñal sobre a seguridade vial en Xesús Pousa, da aprobación dos orzamentos de Barbadás para 2017, do balance das xuntas locais de seguridade de Ourense e Barbadás e do inicio da II Lanzadeira de Emprego da cidade.

 

Asemade, entrevistamos ao escritor Jorge Emilio Bóveda, e facemos un repaso polas noticias máis destacadas do ano no noso periódico.

A programación navideña ocupa varias páxinas da publicación, na que tamén prestamos atención á actualidade deportiva, como a última vitoria do COB ou a convocatoria da primeira Carreira San Silvestre.

Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace.