Os desfiles fixeron saír á rúa aos ourensáns.

Ilusión dos máis pequenos cos Reis Magos

Agora toca de gozar dos agasallos que deixaron as súas maxestades esta noites en todos os fogares ourensáns. Os máis pequenos apuraran a xogar durante todo o día antes de que o próximo luns comecen a escola.

Pero a emoción de verdade viviuse a tarde do mércores 5 de xaneiro. Ese día, Melchor, Gaspar e Baltasar percorreron coas súas carrozas todos os puntos das nosa provincia.

En Ourense chegaron en tren para rematar na praza maior. Noutros lugares percorreron as rúas do concello para rematar no pavillón municipal para saudar a todos os rapaces.

Un desfile máxico que fixo poñer no rostro dos máis pequenos de cada casa unha faciana de ilusión.