Actuarán o día 12 de xaneiro ás 20:30 horas.

O «Enclave de Cámara» trae a The Brahms Project ao Principal

Tras rematar o ano co recital a dous pianos das irmás Naughton, o «Enclave de cámara» regresa con The Brahms Project.

O concerto terá lugar no Teatro Principal de Ourense o mércores 12 a partir das 20:30 horas.

O cuarteto con piano comezou a súa xira en Barcelona esgotando as entradas postas á venda e logrando críticas moi positivas coas obras de Brahms; antes de Ourense farán parada no Teatro Rosalía da Coruña.

Encontro
Ademais, haberá un encontro a mesma tarde, ás 16h, no Conservatorio Profesional de Música con dous dos integrantes do cuarteto, Josep Colomé (violín) y David Apellániz (violonchelo), co estudantado e o público interesado.

Josep Colomé (violín), Joaquín Riquelme (viola), David Apellániz (violonchelo) e Enrique Bagaría (piano) escolleron estes cuartetos con piano de Brahms para crear unha unidade que mostra as dimensións da gran música do Romanticismo alemán.

Entradas
Entradas nos horarios habituais do Teatro Principal e en www.ataquilla.com.