Na situación de saturación actual que ten urxencias.

Mediante un comunicado a Comisión de Centro do CHUO puxo de manifesto a falta de cobertura de profesionais de reforzo ante a situación de sobreaforo asistencial.

Manifestan que teñen coñecemento da falta de reforzo nas unidades e no mesmo servicio de urxencias da ausencia de profesionais nestes días de atención á demanda xerada.

Na reunión deste luns entre xerencia e comisión, esta última solitou o sen cuestionamento aos traballadores denunciando que a percepción do traballo por parte dos responsables non se axusta á realidade.

Falta de material
Outro dos aspectos a ter en conta e a falta de material desbotable que está a utilizar e que non se repón de forma axeitada en moitos casos.

Hospital de Piñor
Ante a pregunta, da comisión, si se considera como opción a apertura das camas do Hospital de Piñor a Dirección confirma que de ningún xeito se vai a  abrir ao non consideralo operativo.