Terá lugar este mércores 11 de xaneiro.

No primeiro pleno do ano no Concello de Barbadás a formación Compromido por Barbadás levará dúas mocións.

Na primeira moción, reclamarase ao grupo de goberno a colocación dun Panel de Información Cidadá Exterior con pantalla led en A Valenzá. Devandito panel o consideran coma unha ferramenta moi eficaz de información continuada á veciñanza (cursos, actos culurais e deportivos, plenos, convocatorias laborais, eventos das asociacións de todo tipo, tlfs. de interese, etc.).

Na segunda moción, CxB, defenderá que se subsanen tres deficiencias que presenta o Polideportivo Municipal (non abre ao público en xeral os sábados e os domingos pola mañá; non existe medio algún para facer efectivo o pago das actividades na propia instalación e a Escola de Baloncesto carece de equipos a partir dos 12 anos).

Rogos e preguntas
Ademais no turno de rogos e preguntas interpelarán á concelleira de Cultura polas deficiencias na xestión administrativa da Escola de Música e e preguntarán polo estado das xestións realizadas para que a posta en funcionamento da cociña do CEIP Ruxidoiro.