Para reforzar a colaboración.

Reunión do alcalde de Ourense e o secretario xeral de Cultura da Xunta

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, mantiveron esta tarde unha reunión de traballo na que estableceron como prioridade reforzar a colaboración institucional entre o Concello de Ourense e o Executivo Galego en materia cultural.

Na reunión tamén estivo presente a secretaria territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Silvia Dorado Morales.

Así, ademáis de establecer as liñas de cooperación entre ambas institucións para este ano 2017, explorando novas vías e proxectos que dinamicen a Cultura da cidade, tamén se puxo de manifesto a necesidade de consolidar e incrementar o apoio conxunto a eventos culturais tan importantes e significativos para Ourense como é o Festival de Cine.