Na Illa de Arousa e Ourense as citas do conxunto ourensán.

Intensa fin de semana para o Auriense Fútbol Gaélico

O sábado, a partir das 20 horas na Illa de Arousa, o equipo masculino xógase o liderato da Segunda división, contra o correoso Dorna.

Primeiro contra segundo, nun partido no que ambos equipos chegan cunha xeira de resultados moi boa. Ademais, poderase ver, o duelo entre máximos goleadores da competición (David Dios e Millán Brea), que seguro pode marcar a diferencia no encontro.

A equipa feminina, xoga o domingo ás 18 horas na casa, no Campo da Universidade contra as actuais campionas de Liga e Copa: Fillas de Breogán, da Coruña.

Ainda que será un encontro moi complicado, as ourensás queren facer valer o bo momento de xogo e o factor campo, tratando de frenar a súa dianteira e sobre todo o tiro a paus.