Doncel dase a coñecer en Ourense.

Visitas do novo subdelegado de Defensa ás institucións

O novo subdelegado de Defensa na provincia,Gustavo Doncel Paredes, está de ruta polas distintas administacións ourensás. O motivo é darse a coñecer como responsable de Defensa en Ourense.

Xa se entrevistou co presidente da Deputación, Manuel Baltar; co subdelegado do Goberno, Roberto Castro e coa delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz.

Gustavo Doncel Paredes (Madrid, 1961) é coronel do Corpo Xeral do Exército de Terra. Tomou posesión do cargo de subdelegado de Defensa en Ourense o pasado mes de decembro, relevando ao capitán de navío Ramón Rey Vich, quen pasou á reserva.

Doncel, que leva no cargo desde o pasado 15 de decemebro, vén con gañas de achegar aos ourensáns o exército e a labor que desempeñan.