Tanto en homes como en mulleres.

Derrotas do Nova Xestión

Este sábado pasado reanúdabase as ligas de balonmán tralo parón de Nadal. E o facía con sendas derrotas dos equipos sénior (masculino e feminino) do Nova Xestión Pabellón Ourense.

O equipo masculino recibía na central dos Remedios ao Seis de Nadal de Coia, un dos aspirantes a estar nos postos de arriba, que estaba a so con tres puntos máis que os ourensáns.

Moi irregular no seu xogo, os homes de Diego Lorenzo non lle collían o pulo ao encontro.

A primeira metade estivo falta de intensidade, sobre todo en defensa. Os goles de Xurxo, dende o extremo, e de Javi o equipo puido chegar ao descanco con 14 a 16.

Nos primeiros minutos da primeira metade reaccionaron e o equipo mellorou cun gran Rubén baixo paos. Isto fixo que incluso se puxeran un arriba.

Pero a falta de 10 minutos as decisión arbitrais desquiciaron a xogadores e afeccionados, que sumado ao cansanzo, perdas de balón e erros de lanzamento claros, dabanlle a vitoria 27-29 o Seis de Nadal de Coia.

Feminino
O conxunto feminino realizou un gran partido na cancha do Redondela. O primeiro tempo estivo moi igualado chegando ao descando con 18-19 para as ourensás.

A segunda metade comezou do mesmo xeito, cunha Sandra a un gran nivel que fixo que o rival a defendera con dúas xogadoras. As ourensás estivero tres arriba (23-26).

Porén, nos últimos minutos, os erros de cara á portaría contraria xunto con decisións arbitrais que fixeron saír do partido ás pavillonistas deron co resultado final de 31-28.