A formación chamará á confluencia de persoas e organizacións coa vista posta nas municipais 2019.

Ourense en Común pensa na próxima cita electora

Por segundo ano consecutivo nestas datas, Ourense en Común celebraba este domingo a xornada RePensar OUeC, na que a organización avaliou o estado do proceso municipalista, redefiniu documentos, e comezou a trazar a folla de ruta cara ao horizonte das municipais de 2019.

Máis de medio centenar de veciñas pasaron polo Espazo en Común das Burgas ao longo das oito horas que ocuparon o encontro, no que en quendas de intervención abertas, as asistentes aportaron as súas inquedanzas e propostas para optimizar o traballo da organización municipalista.

Liña de traballo
De cara á vindeira cita electoral elexiron unha folla ruta de para manter unha rolda de contactos nos que tenderá a man a outros entes políticos, buscando unha confluencia plural e forte.