A falta de seis décimas un saque de banda de Tizón é rematado por "Allariz" para darlle os tres puntos.

Sala Ourense - A Pontenova. RAMSÉS.

Sala Ourense - A Pontenova. RAMSÉS.

Sala Ourense - A Pontenova. RAMSÉS.

Sala Ourense - A Pontenova. RAMSÉS.

Sala Ourense - A Pontenova. RAMSÉS.

Sala Ourense - A Pontenova. RAMSÉS.

O Sala Ourense comeza a segunda volta cunha vitoria sobre a bocina que lle permite manterse ao fronte da clasificación.

Un partido que se lle complicou, e moito, aos de Kike García, e que sacaron adiante na última xogado do encontro.

A forte defensa dos lucenses fixo que os ourensáns tiveran serios problemas á hora de crear ocasións, a pesar de contar coa posesión do esférico na meirande parte do tempo.

Os ourensáns dispuxeron das primeiras ocasión, pero sería A Pontenova o que se adiantaría no marcador, nunha transición, con gol de Paulo.

A reacción no se fixo esperar e, despois de dúas ocasións, Rivero lograba o empate dous minutos despois. O encontro entrou nunha fase sen dominador ata que, a un minuto do descanso sucedéronse as ocasións. E nunha delas, Tizón lograba o segundo para os locais.

Na reanudación, os árbitros non deixan seguir unha vantaxe que finalizaba en gol de Adrián. Pouco despois, os visitante empataba co gol de Iago.

Ata o final, os ourensáns foron a pola vitoria. Varías ocasións (a máis clara un dobre penalti de Tizón) non viron porta; ata que, a falta de seis décimas, Tizón saca unha fóra de banda, que Allariz remata supoñendo o 3 a 2 e a vitoria.

Clasificación
O Sala Ourense continúa dominando a Terceira división con 33 puntos, seguido do Pazos de Borbén con 31, e A Estrada Futsal, con 30.

A derrota do Carballiño na pista do Casás fai que ocupe a décimo segunda posición con 12 puntos.

Vindeira xornada
O Sala Ourense visitará ao Ribeira o domingo 22 de xaneiro, mentres que o Carballiño recibe ao segundo, o Pazos de Borbén.