A UD Ourense aprobou as contas na asamblea ordinaria.

As contas da UD Ourense cadran

Unanimidade en todos os puntos da asamblea ordinaria da Unión Deportiva Ourense que aprobou a inclusión de tres novos socios con dereito a voto -20 do ano pasado non renovaron-; o presuposto (con 123.000 euros de ingresos e 110.000 de gastos) e o número de socios que se eleva aos 1.316 (143 da base).

Orzamento
En canto ao orzamento, o 85% deste é proveniente de ingresos privados, mentres que o 15% restante corresponde á diñeiro público. Destes cartos o club está pendente de cobrar a subvención da Deputación de Ourense de fai dúas tempadas.

O club conta con 1.316, sendo 143 carnets que se lle entregan aos pais dos xogadores da base. A Unión Deportiva Ourense conta con 344 tras aprobar a inclusión de tres máis na asamblea, asemade outros cinco son menores de 16 anos. 20 socios do ano pasado non renovaron este curso, e en total foron con 272 baixas por 245 altas.

Vilariño
E con estas a UD Ourense recibe ao Vilariño este domingo a partir das 16:15 horas no Couto. Na xornada desta fin de semana, a número, 20 os de Antonio Dacosta tentarán buscar unha vitoria que faga esquecer a derrota contra o Allariz e así quitar a mala sensación dos afeccionados ao rematar o partido. O Bande, pola súa banda, recibe ao Atlético Arnoia.