Instaláronse barandas de seguridade nos colexios Amaro Refojo, e María Inmaculada.

Completa a primeira fase do plan de seguridade vial nos colexios

Ademais adecuouse o acceso a Avenida de Portugal desde o centro educativo (rúa Antonio Fernández Pérez), converténdoa en vía de sentido único, reforzando así a seguridade nos periodos de entrada e recollida dos nenos.

O Concello de Verín ven de implantar  a primeira fase do seu plan de seguridade vial para os colexios da vila. Mediante acordos cos centros, que recollen as inquedanzas dos pais a alumnos, o Concello aplicou unha batería de medidas destinadas a mellorar a seguridade vial nos periodos de entrada e recollida dos nenos, que  remata coa instalación dunha barandilla de seguridade na porta do colexio María Inmaculada.

No caso dos centros escolares Amaro Refojo e María Inmaculada, as súas entradas que se sitúan dentro das arterias viarias principais da cidade (Avenida de Laza e Avenida de Portugal respectivamente), a posibilidade de que os nenos invadan a vía fortuitamente aconsellou a instalación -solicitada por pais e centro- das barandas de seguridade. En canto o  colexio Princesa de España, o ente municipal adecuou o acceso a Avenida de Portugal desde o centro educativo (rúa Antonio Fernández Pérez), converténdoa en vía de sentido único, reforzando así a seguridade nos periodos de entrada e recollida dos nenos.

En todos os casos, o persoal do Concello vixiará dende antes da entrada e da saída o paso da calzada de nenos e pais, que poderán, ademáis estes últimos, acceder aos centro para recoller ós rapaces, segundo o acordo acadado co Concello.