Proxectaranse na biblioteca pública.

Un home que berra e Frantz, as propostas da semana no Cineclub Padre Feijoo

O Cineclub Padre Feijoo ofrece esta semana dous films que se proxectarán na biblioteca pública.

O primeiro deles será esta mesmo luns e a película títulase Un home que berra, do director Mahatma Saleh haroun. Os pases serán ás 20.30 e 23.00 h. A entrada será de balde ata completar aforo.

Xa para o mércores terá lugar a película Frantz, de François Ozon. Haberá tres pases: 18.00, 20.30 e 23.00 horas. O prezo é de 4 euros para socios e de 5 para os non socios.

Voces Rotas
A Afundación tamén proxecta este luns a película Lejos de los hombres. Será ás 20 horas na Sede de Ourense (Avda. Pontevedra, 9).