A Unión Deportiva Ourense logrou dobregar ao Sporting Celanova non sen sufrimento.

UD Ourense - Sporting Celanova. /RAMSÉS.

Dous a un e tres puntos máis para unha UD Ourense condeada a pasalo mal en case todos os partidos.

Alomenos na maioría nos últimos meses no que os de Antonio Dacosta non dan logrado, sen sufrimento, os tres puntos.

Contra o sporting Celanova non foi a excepción. Sen facer un mal xogo os unionistas non lograban materializar as ocasións que tiñan, ata que na mellor xogada Hugo anotou o primeiro da tarde; a triangulación entre Durán e Fran Martínez, chegou ao dianteiro que batiu ao porteiro rival engannadoo.

Antes do descanso, Miguel devolvía as táboas ao electrónico dun remate de cabeza que entraría tras batir no pao. 1-1 e xogadores camiños de vestiario a repoñer forzas.

Na segunda metade o Celanova tivo durante máis tempo o balón. Foi a polo partido, ata que un penalti sobre Toni o transformaba Christian Díaz. Os xogadores de Gori non se renderon e seguiron buscando un gol que lles permitira saír do Couto cun punto máis.

A osadía visitante converteuse nalgunha que outro contra perigo para os locais. A máis clara unha de Hugo, pero o seu disparo, demasiado defectuoso, non viu nin porta cando estaba plantado só diante do porteiro.

Antes do final, Miguel volveu a ter unha ocasión. Lucas Sierra leu ben a intención do dianteiro e atallou a vaselina cando o balón tiña dirección cara portaría.

Vitoria e tres puntos que permiten manter aos capitalinos a catro puntos do Bande na Primeira Galicia. Os da Baixa Limia desfixéronse do Antela por 5 a 0. Por detrás, o Velle é terceiro a 11 puntos do Ourense e o cuarto a 14.