Chega febreiro e Ourense tíñese de cor para dar a benvida ao Entroido. Neste número de febreiro o Ourense por Barrios trae un especial do Entroido de toda a provincia.

Ourense por Barrios febreiro 2017

Os temas destacados deste mes son o centro CAPD e o AVE. O primeiro por que xa hai unha solución para o mesmo. Este contruírase en Barrocás e os pais dos usuarios están conformes co desenlace dun tema que tivo ata a movilización da cidadanía.

O segundo, por que goberno municipal e oposición non se poñen dacordo sobre si son satisfactorios ou non os pasos que se están dando cara a chegada da alta velocidade a Ourense.

A Xunta destina 700.000 euros para obras no Polígono do Vinteún, ademais de rehabilitar a porta norte da Catedral, e o sistema eléctrico da mesma.

A A.VV. As Termas pide información da estación de buses, sobre o futuro do solar. A rúa Dalí sofriu melloras nas beirarrúas. Ourense estrea aplicación para móbil con “Ourense colabora”. En Expourense terá lugar a Mostra da Oportunidade entre o 3 e o 5 de marzo.

Na Valenzá, o 6 de marzo abrirá o centro de saúde unha vez rematada a humanización da contorna. E o Concello organiza, para estes meses, os obradoiros «Tempos de muller».

O roteiro de Carlos Casares xa é unha realidade con 20 placas por toda a cidade. Chenoa encheu o Auditorio co seu espectáculo «Soy humana». E en deportes poñemos o foco en sincronizada, fútbol sala, fútbol e baloncesto.

Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace.