Logrou a vitoria diante do Babyauto Zarautz por 41-32.

O Campus vence e convence

O Campus Ourense Rugbi logrou unha vitoria, na División de Honra B, de prestixio. O feminino logrou a vitoria diante do Santiago.

Por unha banda, lograba vencer ao terceiro clasificado e pola outra lograba a permanencia. Enfronte estaba un Babyauto Zarautz que non lle ía poñer as cousas fáciles.

Os ourensáns estiveron por diante no marcador durante todo o tempo, se ben os locais achegáronse ata os dous puntos. Porén, o Campus non se deixou sorprender. O encontro tivo momentos moi emocionanates nos que todos os xogadores locais estiveron a un gran nivel.

Tres encontros
Cos deberes feitos, o Campus afrontará o tramo final de Liga coa intención de lograr a vitoria nos tres encontros que restan para rematar a Liga, e así poder estar na posición máis alta posible.

Dos tres partidos, uno será como locais. Esta semana toca descansar.

Sub 16 e feminino
O equipo sub 16 caeu en Vigo diante do Kaleido Universidade Vigo por 117 a 5.
O conxunto feminino recibía ao Santiago RC na Liga da fase de ascenso sénior feminina vencendo por un contundente 89-0.