Un novo ciclo chega ao cineclub ourensán.

«Disonancias» no Padre Feijoo

Esta semana arranca un novo ciclo no cineclub Padre Feijoo que leva por título «Disonancias».

Outro periplo por aquela condición humana que se enfrenta á imposibilidade da armonía, desde as ópticas de tres directoras en África, e de cine multipremiado reciente de Alemaña, Arxentina, Canadá,  Finlandia, Rumanía, ou Tailandia.

O novo ciclo do Cineclube Padre Feijoo aborda a variedade de conflitos internos producidos polos futuros desexados fóra da harmonía inicialmente prevista: Disonancias.

Así como abro os ollos
O luns 6 de marzo chega a primeira das proxección. Así como abro os ollos, de Leyla Bouzid proxectarase ás 20:30 e ás 23 horas con entrada de 2 euros para socios e 2,5 para non socios na bibioteca pública.

O filme narra o enfrontamento dunha moza cantante coa censura do réxime nos meses previos da Primavera Árabe.

Toni Erdmann
E o mércores 8 de marzo chega Toni Erdmann da directora Maren Ade. Con entrada de 4 e 5 euros (para socios e non socios) os pases serán ás 18 e ás 21 horas.

Sinopse: Inés traballa nunha gran empresa alemá establecida en Bucarest. A súa vida está perfectamente organizada ata que o seu pai Winfried chega de improvisto e pregúntalle: es feliz?. Tras a súa incapacidade para responder, sofre un profundo cambio. Ese pai que ás veces estorba e que a avergoña un pouco vaille a axudar a dar novamente sentido á súa vida grazas a un personaxe imaxinario: o divertido Toni Erdmann.