Analizará tecnoloxía, servizos e oportunidades de emprego neste sector.

Ourense acolle o “I Congreso internacional de drons”

Ourense acollerá a primeira edición do Congreso Internacional de Drons, que co-organiza a Deputación de Ourense e a Asociación galega de enxeñeiros técnicos de Telecomunicacións, e que terá lugar do 31 de marzo ao 2 de abril no Pazo dos Deportes “Paco Paz” e en Expourense.

Tres días nos que por primeira vez se reunirán técnicos, empresarios e entusiastas desta innovación tecnolóxica, que analizarán os últimos avances no sector, as aplicacións nos servizos, as liñas de investigación e as diferentes oportunidades de emprego e negocio que ofrecen os drons.

Haberá relatorios sobre as aplicacións de drons para agricultura de precisión, busca de bancos pesqueiros, topografía, seguridade e xeo-localización, lexislación e deporte. José Manuel Martínez explicou que o colofón do congreso será unha carreira de drons, que se celebrará no Pazo dos Deportes “Paco Paz”.

O Congreso está dirixido a empresas, centros de investigación, organismos e institucións, fabricantes, distribuidores, investigadores empresas de servizos, universidades e público en xeral.

Para máis información: www.dicgalicia.gal.