O Cidade perder co Majadahonda.

O Envialia empata na casa ante Móstoles

Mala xornada a dos conxuntos ourensáns na Primeira división de fútbol sala. Mentres o Ourense Envialia tan só conseguía un punto na casa diante do Móstoles, o Cidade das Burgas encaixaba unha nova derrota diante da súa besta negra particular: o Majadahonda.

Ourense Envialia
O Móstoles comezou de inicio defendéndose a media pista, cun Ourense máis intenso que dominaba amplamente os primeiros dez minutos. O gol de Luci de disparo exterior a pase de Sara Moreno tras roubo desta na presión, obrigaba ao conxunto madrileño a solicitar tempo morto e buscar un cambio da dinámica.
A partir do gol, o Móstoles subiu a presión e xa ningún dos dous conxuntos tiña a xestión do xogo. O tanto do empate chegaba ao fío do descanso, a catorce segundos da conclusión do primeiro acto, obra de Vane en propia porta tras saque directo de banda botado polo Móstoles por mediación de Beth.

Na segunda parte, o Ourense buscou unha maior agresividade na presión do balón cun Móstoles que se mostraba moi acertado en tarefas defensivas. Desta forma chegábase ao tramo final con escasas ocasións claras de gol e todo por decidir.

Os dous últimos minutos as galegas optaban polo xogo de porteira xogadora, dispuxeron de varias ocasións claras pero o bo facer do Móstoles evitaba que levasen o tres puntos e que o partido concluíse co citado empate a un.

Con este resultados o equipo dirixido por Chipi segue quinto con 37 puntos.

Cidade das Burgas
Vitoria do Majadahonda Afar por 3 a 0 ante o Cidade das Burgas que permite ás madrileñas quedar ás portas dos postos copeiros, que marca o Penya Esplugues Gironella, e superan ás ourensás.

Os dous equipos comezaron esperando en cancha propia e buscando sorprender co xogo directo. O Cidade busca crear perigo á contra, pero os bos repregamentos defensivos do conxunto majariego impedían que as ourensás se plantasen con perigo ante Lauri. O único gol do primeiro acto anotábao Sara á saída dunha libre indirecto, que culminaba cun potente disparo á escuadra.

O conxunto galego buscou con afán a portaría local para igualar antes do descanso, pero sen sorte na finalización. Na segunda parte, o Majadahonda subiu a liña de presión ante un Cidade que non se mostraba cómodo sobre a cancha. Aos 29 de xogo, Elena culminaba en gol una contra a pase de Marta co que as majariegas abrían oco no marcador. Lonxe de vir atrás, o Majadahonda proseguiu porfiando coa súa presión á saída de balón do conxunto visitante.
Aos 33 minutos, Sara aproveitaba un balón repelido en curto para pór o 3 a 0 nunha nova contra das locais. O Cidade tentou arriscar no tramo final pero non atopou físgoas na boa defensa do conxunto madrileño que se acabou adxudicando a vitoria.

As pupilas de Manolo Codeso distáncianse da Copa en catro puntos.