Na biblioteca o luns, martes e mércores.

Tres proposta do Padre Feijoo para esta semana

O Cineclube Padre Feijoo trae tres novas propostas cinematográficas esta semana.

O luns 20 chega «Aji-bi, as mulleres do reloxo», un documental de Raja Saddiki. O horario será ás 20:30 e ás 23 horas. 2 euros os socios e 2,5, os non socios.

O martes, o terceiro título do III ciclo de cine e medicina do Colexio de Médicos de Ourense. «A historia de Jan» é o título desta película do director Bernardo Moll Otto. Haberá unha única sesión ás 19:30 horas cun prezo de 4 euros (hai un bono de 6 películas a 20 euros).

E «Solo o fin do mundo», pechará as películas por esta semana na biblioteca pública o mércores. A obra de Xavier Dolan poderase ver ás 18, 20:30 ou 23 horas. O prezo é de 4 euros para socios e de 5 para público en xeral.