Para a tempada primavera - verán.

21 traballadores máis no servizo de limpeza do Carballiño para reforzo

O concello do Carballiño ven de asinar un convenio co INEM, a través do Servizo de Colocación de Emprego, para contratar a 21 persoas para os servizos de limpeza, xardíns e infraestruturas viarias, co obxectivo de suplir a carencia de persoal nestas áreas e cubrir as necesidades máis urxentes destes servizos durante a tempada de primavera-verán.

A selección deste persoal, que será contratado por un período de catro meses, ate o 20 de xullo, efectuono o Servicio de Colocación de Emprego.

Os programas do INEM incluidos neste convenio son tres:
– Plan de choque para o adecentamento de espazos públicos do concello do Carballiño. Inclúe 6 persoas para labores de limpeza (5 varrendeiros e 1 operario de máquina) e 3 xardineiros.
– Plan de Choque para a recuperación de infraestruturas e vías de comunicación. Inclúe 6 persoas (2 peóns de construcción, 1 canteiro, 2 peóns de obras públicas e 1 peón agroforestal).
– Plan de recuperación do Paseo do Arenteiro. Inclúe 6 persoas (2 oficiais carpinteiros, 1 canteiro, 2 axudantes xardineiros e 1 peón xardineiro).

Dende as áreas municipais de Persoal, Medio Ambiente, Medio Rural e Obras Públicas do Concello do Carballño consideran que estes plans contribuirán a paliar a carencia de persoal do concello e lograr un bo nivel de limpeza e mantemento de rúas, prazas, xardíns, parques, paseos fluviais, camiños e outro tipo de infraestruturas viarias municipais.

Ademáis, o feito de que entren en funcionamento no comezo da primavera garante que se poidan mellorar estes servizos na tempada de maior afluencia de visitantes e xente nas rúas. De ahí que se espera que para esta próxima semana Semana Santa, O Carballiño ofreza a mellor imaxe posible dos espazos públicos.