O órgano, formado por representantes dos catro grupos políticos con representación no pleno do Concello de Ourense, técnicos municipais e a consultora redactora do plan inicial, convocará a Mesa da Mobilidade para o vindeiro xoves 30.

Segunda reunión para mellorar a calidade da cidade

As dependencias da Concellería de Infraestruturas acolleron onte a segunda reunión do grupo de traballo para a calidade ambiental, a pacificación do tráfico, a mobilidade, accesibilidade e a integración da bici en Ourense.

O resultado desta reunión foi a constitución formal dunha comisión técnica, formada por representantes dos catro grupos políticos con representación no pleno do Concello de Ourense, técnicos municipais e a consultora redactora do plan inicial. O segundo paso desta comisión será informar á Mesa da Mobilidade, o vindeiro xoves 30 de marzo, do proceso de participación que se abre.

A comisión técnica está integrada por representantes dos os grupos políticos con representación no Concello de Ourense (o concelleiro José Araújo, por parte do Partido Popular, Manuel Álvarez, de Democracia Ourensana, Juana Ageitos do Partido Socialista, e Martiño Vázquez, de Ourense en Común), ademais de por técnicos das áreas de Medio Ambiente e Infraestruturas e as representantes da Consultoría de Arquitectura e Urbanismo Urba+, autoras do plan inicial.

Coa constitución deste órgano ábrese un proceso de participación cuxo primeiro acto será o de informar á Mesa da Mobilidade dos pasos á seguir  neste camiño, no que se quere implicar aos diversos e heteroxéneos axentes sociais, para mellorar a calidade ambiental, pacificación do tráfico, mobilidade, accesibilidade e integración da bicicleta na cidade de Ourense.