No número 156 do Barrios Deportivo sácamos en portada o fútbol gaélico, o rugbi, o baloncesto e unha entrevista.

Barrios Deportivo 156

O fútbol gaélico e o rugbi consolídanse na nosa cidade. O Campus das Lagoas acolleu dous partidos internacionais de gaélico entre Galicia e Francia (masculino e feminino). Ademais o Campus Ourense Rugbi xoga esta fin de semana o última partido de Liga na casa despois de ter asegurada a permanencia.

En baloncesto, o COB quere manterse en postos de playoff depois do encontro contra Rioja. E na entrevista deste número temos a José García Calvo «Willy», quen acudirá ao Marathon Des Sables (Maratón das areas).

O full contact foi protagonista nos Remedios cos ourensáns Óscar Mira e Manu Míguez jr proclamándose campións galegos. En BTT, Carlos Canal está preto de facerse co Open de España de BTT.

En atletismo xa están abertas as inscricións para o «Correndo por Ourense», que volverá a contar con seis probas polos barrios da cidade. Ademais, esta fin de semana dispútase, no Campus, o Campionato de Galicia de 10.000 metros e a novidosa proba da milla en pista.

En fútbol sala, o Sala Ourense perdeu toda opción de alzarse co título de Terceira división. E na Pirmeira, tanto Ourense Envialia coma Cidade das Burgas están a atravesar unha crise de resultados.

En fútbol, tralo ascenso á Rexional Preferente do Bande, o seguinte en ascender será a UD Ourense que o pode facer esta mesma fin de semana se gaña ao Velle. Na Rexional Preferente, o Arenteiro está en postos de ascenso á Terceira división e o Ourense C.F. preto deles; o Nogueira está na zona tranquila, e Polígono e Verín deberán de loitar para salvarse.

Tenis de mesa, voleibol, sincronizada, natación, e moito máis, no número 156 do Barrios Deporivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha