De igualdade de xénere e de búsqueda de emprego son os obradoiros.

Dous obradoiros en Castros para abril e maio

Castrelo de Miño organiza dois obradoiros socioeducativos para os meses de abril e maio dirixidos ás familias do municipio. Os mesmos versarán sobre igualdade e emprego.

O obradoiro de igualdade de xénero terá lugar os días 5 e 19 de abril, de 10:30 a 12:30 horas no Salón de actos do concello. Tratará sobre sensibilizar sobre a igualdade de xénero, empoderando o feminino. Se traballarán sobre contidos relacionados con diferenzas entre xénero e sexo, estereotipos e roles de xénero ou accións encamiñadas á igualdade, entre outros.

Con respecto ao obradoiro de «Procura de emprego», este levararase a cabo os días 17 e 31 de maio, de 10:30 a 12:30 horas no Salón de actos do concello. Tratarase de dotar aos participantes de estratexias encamiñadas á procura efectiva de traballo media a aprendizaxe de pasos necesarios para buscar emprego, habilidades persoais necesarias na súa procura, creación do «curriculum vitae» e dunha carta de presentación ou a práctica dunha entrevista persoal.

Os interesados deberán inscribirse ou obter máis información nas dependencias do concello ou no teléfono 988 493 000.