O Barco complícase un pouco máis a salvación.

O Barbadás ve máis preto a permanencia

A vitoria da UD Barbadás diante do Ribadumia supón un paso importante de cara á permanencia na Terceira división. Pola súa banda, a derrota do Barco o achega máis ao precipicio.

Os de Miki López, pouco a pouco fixéronse co partido, e súas foron as ocasións. Un claro penalti pon en franquicia o encontro a prol dos azulóns. No segundo tempo unha contra sentenciou o partido para os ourensáns. Con esta vitoria o Barbadás avantaxa en seis puntos ao Ribadumia e respira algo máis de cara á loita pola permanencia.

Barco
Os de Valdeorras complícanse a salvación tras perder en Calabagueiros diante do Silva por 1 a 2. Todo apunta a que non serán soamente catro os equipos que descendan á Preferente; os arrastres de Segunda B farán que polo menos un máis, posiblemente dous, teñan que descender. Polo que pode ser que sexan ata seis os equipos que descendan. Na 2ª B tanto Somozas coma Boiro están en postos de descenso.

En caso de ser un só o arrastre, os de Javi Rey están a tres puntos do descenso; si son dous os arrastres, a vantaxe redúcese a dous puntos con respecto o descenso.