Xa está na rúa o número de maio do Barrios.

Publicado o número de maio do Barrios

Na portada deste mes aparece na portada o Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que este ano está adicado á memoria. As árbores da avenida de Celanova  de Xinzo de Limia gañan a batalla e non serán talados por mor das obras de mellora da avenida. E o Día das Letras Galegas 2017 está adicado ao ourensán Carlos Casares. Tamén entrevistamos a Aníbal Blanco, copropietario da bodega Tapias Mariñán, que nos fala das xeadas que caeron sobre os viñedos.

Sobre este tema, a Xunta destinará 10 millóns para axudar aos viticultores. As subvencións para a contratación de seguros agrarios acadan o 22% das pólizas. O Concello de Verín reclama á Deputación 530.000 euros da construcción do auditorio. E a premiada biblioteca de Verín prolonga o seu horario en época de exames; ademais contará con fondo bibliográfico de Manuel Taboada Cid.

O Concello do Carballiño reduce a súa débeda nun 26%. O plan Integral de Emprego avanza a bo ritmo. Ademais chega coa boa nova de contar con 512 parados menos. Outras das novas son o cambio de cara da praza de Abastos e as obras na rúa Otero Pedraio.

En Xinzo de Limia rematou o curso de pacientes e medicamentos organizado pola Escola Rural de Saúde da Limia. Vilar de Santos terá unha nova fase na ARI. Pola súa banda, en Allariz, comezaron unha serie de obras para unha mellor accesibilidade. O pleno do Concello de Allariz aprobou as contas da empresa Reatur.

No tocante ao arte dúas son as novas máis salientables. Por unha banda, o cadro A Venus de Vilanova xa está exposta na Torre do Castelo de Vilanova dos Infantes. E pola outra, o libro de Mauro Ferrer, “Historia do apóstol Santiago” xa está na Fundación Curros Enríquez de Celanova.  A Vila de San Rosendo empeza a recabar emprendedores para o segundo coworking.

E en deportes, tivo lugar en Xinzo a carreira de 10 km homologada e cun novo percorrido. Nesta nova edición Pinto e Fernández alzáronse coa vitoria. O Arenteiro marcha con paso firme de cara ao ascenso á Terceira división.

Axenda, clasficados, artigo e máis, no número de maio de Barrios.

Podes consultar todos os contidos no seguinte enlace.