O profesor Carlos Alberca Piñeiro realizou unha estancia formativa en Portugal.

O IES García Barbón une lazos co Instituto de Educación Técnica de Lisboa

O profesor Carlos Alberca Piñeiro, da especialidade de Mantemento de Vehículos do IES García Barbón de Verín, realizou, dentro do programa Erasmus+ (2016-1-ES01-KA102-023586), unha estancia formativa en Portugal.

O socio de acollida foi o Inete (Instituto de Educación Técnica de Lisboa), quen a través da súa directora, Fernanda Torres, e a responsable de proxectos europeos, Ana Baio, nos mostraron as intalacions do centro, o seu que facer diario e organizaron visitas a outros centros.

A destacar o CEPRA (Centro de Formación Profesional da Reparación do Automóbil) sito na periferia de Lisboa, cunha superficie ampla e ben dotado tanto tecnicamente como polo seu persoal.

O ATEC, un centro de formación en Mecatrónica do Automóbil, entre outras especialidades. Eugénio Bastos, Director de Formación Profesional  e Carlos Isidro, responsable da area de Mecatrónica do Automóbil, foron os responsables de mostrar as intalacións e recursos do centro, moi ben dotado grazas a colaboración da marca Volkswagen, que ten unha fábrica próxima ao centro.