O club xa leva catro reforzos de cara á vindeira tempada.

Joni e Codeso reforzan á UD Ourense

Se a semana pasada tocoulles a dous futbolistas consagrados como son o caso de Alfredo e Pato Guillén, nesta ocasión tocoulles a dous xogadores de futuro.

Trátase de Joni e de Codeso, dous xogadores que foron rivais da Unión Deportiva Ourense este ano na Primeira Galicia -no Ribeiro e Sporting Celanova, respectivamente-.

Os dous chegan con moitas ganas de facerse un oco no 11 titular polo que veñen convencidos de loitar por elo. O do Ribeiro é un xogador atacante que se desenvolve ben na área ou preto dela. Pola súa banda, o de Celanova é de curte defensivo (lateral esquerdo); realizou un gran partido en San Rosendo diante dos unionistas.

O seu novo adestrado, Fernando Currás, comentou deles que son «futbolistas que realizaron unha gran campaña en Primeira Galicia este ano», ademais sinala que os ve «con ambición e ilusión».

Os dous coincidían en que, fichar pola UD Ourense, é a recompensa ao traballo ben feito esta tempada. Tamén incidían en que é motivador ter que pelexar por un posto nunha plantilla tan competitiva.

Xunto aos catro fichados, o club conta coa renovación de Rubén Durán. Estos días haberá máis presentacións e comezarán a coñecerse os primeiros descartes.