Nas instalacións de Mosa Orense.

“Cohete” Suárez presentou o seu Peugeot 208 T16 R5

O piloto asturiano José Antonio Suárez Miranda, tamén coñecido por “Cohete Suárez”, e o seu copiloto, o pontevedrés Cándido Carrera, presentaron, previo ao rali, nas instalacións de Mosa Orense de Seixalbo, o coche ou “cohete”  que vai pilotar durante esta edición do Rali de Ourense co Peugeot España Racing Team.

Para a presentación do Peugeot 208 T16 R5 estiveron como anfitrións dos pilotos, o xerente do concesionario, Álvaro Artigas, e o xefe de vendas, Carlos Miranda.

O piloto asturiano, baixo a tutela de Carlos Sainz participa no Campionato de Europa de ralis na categoría júnior U28  e no Campionato de España de ralis de terra, proba da que ven de gañar as últimas dúas carreiras das tres que xa van disputadas ata o momento. Trala proba ourensá, que como sabemos é de asfalto, marchará a terras chipriotas para continuar a súa participación no europeo. Suárez, comentanos acerca do rali ourensá: “Veño con moitas ganas.

Despois de estar lideres no campionato de terra e campionato europeo, avarías e pequenos fallos mecánicos fan que non esteamos ven clasificados na xeneral, pero sempre que non hai problemas estamos na cabeza da categoría. Estou moi contento por volver a correr un campionato de España; a última vez foi en Madrid en 2013 con vitoria. Ourense é un rali que me gusta moito.

O Canón do Sil é un dos meus tramos favoritos, xa con ganas de baixar por alí atacando co Peugeot”. En canto aos tramos “o venres ten miga. De noite o tramo da Peroxa é complicado con todas esas zonas estreitas tes que ir máis tranquilo do que me gustaría. Un toque, un pinchazo é moi fácil aí. Non é un tramo moi rápido pero si que ten moitas trampas”.

Cándido Carrera, copiloto, tamén fai a súa valoración do rali: “é case como estar na casa, pois son de aquí ao lado. Gústame moito. Vimos a gozalo como xa fixemos anos atrás. Axúdanos a coller ritmo de cara as probas de asfalto que ven agora no campionato europeo. E esperamos que a xente o pase xenial”.