O evento deportivo terá lugar o vindeiro 25 de xuño no Concello de Chandrexa de Queixa.

A sétima edición de “Chandrexa Trail” ofrece tres carreiras e unha andaina

A sétima edición de “Chandrexa Trail” celebrarase o vindeiro 25 de xuño no municipio de Chandrexa de Queixa, ofrecendo aos participantes tres carreiras e unha andaina de diferentes dificultades.

A carreira por Montaña Chandrexa Trail é a cuarta proba da Copa Galega de carreiras por montaña 2017, e conta cun percorrido de 34 quilómetros, saíndo ás 8.30 horas diante da Casa Consistorial na localidade de Celeiros.

Outras das probas a desenvolver ese día serán o minitrail que conta cun percorrido de 18 quilómetros e que saíra ás 10.00 horas, sendo puntuable para a Copa Junior, e a carreira de 7,3 quilómetros que saíra ás 10.30 horas e que será puntuable para a Copa Galega Cadete e a súa vez estará dispoñible para todo aquel que se queira iniciar no mundo do trail. Asemade, o evento acolle tamén unha andaina de 18 quilómetros que sairá ás 9.00 horas, todas elas desde o edificio do Concello de Chandrexa de Queixa.

As probas discorrerán por camiños, pistas forestais e campo a través polo Macizo Central Ourensán e todas elas contan con postos de control e avituallamentos, explicou o director da carreira.

O número máximo de participantes será de 300 para a carreira de 34 quilómetros, 150 para as carreiras de 18 e 7,3 quilómetros, e de 200 persoas para a andaina.