Estarán expostas nos meses de xullo e agosto.

Plantas carnívoras no Botánico de Montealegre

O Botánico de Montealegre volve encherse de plantas carnívoras. Será durante os meses de xullo e agosto, cunha exposición composta por máis de 300 exemplares pertencentes a 25 especies diferentes procedentes de diversos continentes.

Organizada pola Concellería de Medio Ambiente, cada especie está debidamente catalogada coa súa respectiva familia e lugar de orixe, e conta ademais coa explicación do persoal do Botánico dado o carácter divulgativo desta mostra.

A exposición permanecerá aberta ao público durante os meses de xullo e agosto no seguinte horario: de 10:00 a 13:00 horas polas mañás, e de 16:00 a 21:00 horas polas tardes, cando haberá visitas guiadas explicando o contido da mostra. O luns pola tarde, as instalacións do Montealegre están pechadas.