Este martes, ás 20 horas, na praza Maior, elaborarase a tapa.

A tapa xigante, antesala da Festa do Pulpo

As pulpeiras e pulpeiros do Carballiño voltarán a elaborar a tapa de pulpo máis grande do mundo. O farán nun prato de madeira de 5,37 metros de diámetro e media tonelada de pulpo, que cocerán en caldeiras de cobre e intentarán cortar e aderezar con sal gorda, aceite de oliva e pementón nun tempo récord. O evento terá lugar mañá, martes, 8 de agosto, ás 20,00 h., na Praza Maior do Carballiño.

Arredor de trinta persoas participarán neste proceso, que comezará ás 12 do mediodía co traslado do prato ata a Praza Maior nun camión con guindastre, e rematará ás dez da noite, cando remate a distribución do pulpo en pequenas tapas que se venderán ao prezo de 5 euros conxuntamento cun vaso de viño, un anaco de pan de Cea e unha lambetada de chocolate do Royal, así como o agasallo do propio prato.

Nesta edición, que é a séptima, o prato non varía con respecto ás dimensións do pasado ano, pero o reto nesta ocasión é facelo en menos tempo, de forma que o pulpo non se enfríe e poida ser degustado con todo o seu sabor polos varios miles de visitantes que se acheguen ata O Carballiño. Calcúlase que desta Tapa Xigante poden saír unhas 1.500 tapas pequenas.