Xa está aquí o número 164 do Barrios Deportivo.

Barrios Deportivo 164

Na portada destacamos o circuíto de carreiras populares «Correndo por Ourense», que regresou despois do período vacacional para disputarse a proba do Campus universitario; o día 24 deste mes, a cita na Ponte.

As outras noticias de portada son o partido de volta da Supercopa de España na que o Ourense Envialia ten que remotar ao Futsi; e o descenso urbano do «Pulpo Extreme» que terá lugar no casco vello este mesmo sábado.

Tamén esta fin de semana se celebra a 12ª do torneo de hoquei veterán, «Octopus Hockey Festival» e os campionatos de España e de Galicia de helicópteros F3C.

En fútbol, o Ourense Club de Fútbol presenta a campaña de socio solidario en favor de Cruz Vermella. A UD Ourense repite como anfitrioa da terceira xornada na Preferente despois de golear ao Estradense na anterior; ademais a UD Ourense de categoría feminina comeza a Liga.

E facemos un repaso dos equipos ourensáns en Terceira división. Outras noticias de fútbol sala son a incorporación de Candela Soria ás filas do Ourense Envialia, deixando ao Cidade das Burgas, e a vitoria do Sala Ourense ante o Cidade de Narón na Copa Xunta. Iria Saeta recibiu o premio como máxima goleadora de Primeira división na tempada 2016-17.

O Club Ourense Baloncesto perfila a súa plantilla para esta tempada. A falta de que cheguen Ndoye e Moreno, o club ten que pechar ao décimo xogador. A entidade presentou os amigables de pretempada previos á primeira xornada de Liga diante do Breogán en Lugo, o 30 de setembro.

Voleibol, atletismo, escalada, BTT, e moito máis, no número 164 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha