Na celebración do 33º “Día da Bici o vindeiro domingo, 17 de setembro.

As bicicletas volverán a encher as rúas ourensás

As bicicletas volverán a encher as rúas ourensás con motivo da celebración do 33º “Día da Bici”, unha das celebracións lúdico-deportivas de maior arraigo e participación popular que terá lugar o vindeiro domingo, 17 de setembro.

Carlos Moure, organizador do evento agradeceu a colaboracións das diferentes institucións que fan posible que “a xente da bicicleta, ano tras ano, sobre todo os máis pequenos, esperen este día como un día de festa, ademais de reivindicar o uso da bicicleta e o respecto e a seguridade aos ciclistas”.

En canto á participación, Carlos Moure dixo: “o ano pasado estimouse que houbo entre 7.000 e 8.000 persoas”, dixo o presidente da Fundación Ado Moure, quen explicou que os interesados en acceder ás bolsas de regalo e aos sorteos poderán inscribirse na carpa instalada na rúa do Paseo o una tenda Ciclos-Moure, pero pode participar todo o mundo sen necesidade de inscribirse. A saída da proba será as 12.00 horas desde a Alameda do Concello.

O presidente da Federación Galega de Ciclismo destacou que esta tradicional celebración “fomenta o uso deste medio de transporte saudable e contribúe a dinamizar o entorno e dá a coñecer a nosa riqueza turística”.