A partir das 19:30 horas comezarán os concertos.

O Live for Madness chega este sábado ao Campo da Feira

Live for Madness, que se celebrará o día 23 de setembro desde as 19:30h no Campo da feira, achegará á cidade de Ourense un dos mellores carteis de metal deste ano en España, con bandas como Crisix, MorphiuM, [In Mute], Somas Cure, Scent Of Death e Tálesien. O festival foi finalista por segundo ano consecutivo, en 2 categorías nos Iberian Festival Awards.

Na presentación tamén asinouse o convenio entre o Festival «Live for Madness» e o Banco de Alimentos de Ourense, mediante o cal se donará o 5% da recadación total pola venda de entradas así como os alimentos que se recollan o día do festival, a través dunha recollida supervisada polo Banco de Alimentos de Ourense no Campo da Feira.

Ademais, aos 100 primeiros asistentes do festival que leven como mínimo 1kg de alimentos non perecedeiros se lles obsequiará cunha caña de cervexa (para maiores de 18 anos), auga ou refresco.